Ao impacto e repercusións que conleva a presenza dun cancro na propia persoa enferma e a súa contorna próxima, hai que engadir agora as repercusións da COVID-19. Ben o saben os voluntarios e persoal da Asociación Española Contra o Cancro como o é Carmen García Hijano, coordinadora de voluntariado e psicóloga da AECC en Pontevedra.
Con ela mantemos unha charla para o programa Mentres isto dure. "Estamos a pasar por unha crise sanitaria mundial sen precedentes; pero desde a AECC queremos concienciar tamén da emerxencia sanitaria que supón o cancro. É a segunda causa de mortalidade en España".
As súas campañas de visibilización son agora máis arduas, como o seu traballo de información, asesoramento e acompañamento que non cesou nin durante os meses de confinamento cunha rápida adaptación aos requirimentos daquel momento.