O cribado do cancro de mama alcanza ao 80% da poboación diana de Pontevedra
Por Redacción
O programa de detección precoz do cancro de mama da Consellería de Sanidade explorou entre xaneiro do 2019 e setembro do 2020 a un total de 33.590 mulleres de 50 a 69 anos da área de Pontevedra.
Delas, máis de 1.000 mulleres foron posteriormente remitidas a unha unidade de diagnóstico e tratamento para completar probas, que derivaron en 128 casos de cancro de mama. No Salnés examináronse 22.969 mulleres entre as que se detectaron 95 patoloxías.
Co obxectivo de mellorar as taxas de participación das mulleres nesta iniciativa preventiva, o programa creou unidades fixas nos hospitais comarcais de Galicia que permitiron avanzar no proceso de integración do programa asistencial, mellorar a oferta destes centros sanitarios, racionalizar a utilización de recursos e mellorar a calidade asistencial.
Na provincia de Pontevedra, existen unidades de exploración no centro de saúde da Parda, no Hospital do Salnés e o Meixoeiro de Vigo.
O obxectivo deste programa busca a redución nun 25 % da mortalidade por esta doenza nas mulleres. Así mesmo, cada ano preténdese conseguir unha participación próxima ao 70% das mulleres que se citan, algo que en Pontevedra sitúase xa por encima do 80%.
A Consellería de Sanidade incide na relevancia dun diagnóstico precoz, xa que aumenta ata o 90% as posibilidades de curación. A citación das mulleres na provincia de Pontevedra é persoal e por concellos perisguiendo o obxectivo dunha periodicidade de dous anos nestas accións de cribado.
Relacionadas:
-
A atención psicolóxica, principal demanda da AECC en Marín
Por Redacción |
-
Luces rosas en Pontevedra polo cancro de mama
Por Redacción |
-
RADIO.- "Estamos nunha crise sanitaria mundial sen precedentes, pero o cancro tamén é unha emerxencia sanitaria"
Por Marisa Ciordia |
-
Pontevedra "saca peito" contra o cancro de mama
Por Manu Otero |
-
'Saca o peito por elas', campaña da AECC no mes do cancro de mama
Por Redacción |