Anticiparse aos gustos da clientela, obxectivo do ciclo formativo de Promoción Económica destinado ao comercio local
Por Redacción
Coa idea de mellorar as vendas a través dunha aproximación á clientela, a concellería de Promoción Económica e Turismo de Pontevedra poñerá en marcha a partir do luns 26 de outubro uns cursos de formación especializada para o comercio do municipio.
A plataforma Zoom de #PonteLovers desenvolverá durante os meses de novembro e decembro esta actividade de forma telemática coa influencer Sonia Felpete (@thesisismess) como mestra de cerimonias.
As masterclasses iniciaranse o luns 26 de ocubre cunha formación centrada na importancia da imaxe persoal. A sesión comezará ás 21.00 horas e diríxese tanto a persoas propietarias como empregadas e tendas locais de moda e complementos. optimizaranse as súas capacidades para recoñecer rapidamente o estilo da clientela.
A concelleira Yoya Blanco sinala que estas clases maxistrais divídense en tres partes: 26 de outubro, luns 2 e 9 de novembro. A proposta busca que se fidelice ao consumidor a longo prazo ofrecéndolle o que se axusta ao seu gusto.
A formadora Sonia Felpete, candidata aos premios internacionais World Bloggers Awards 2020 en categoría de moda e estilo de vida, conta cun amplo coñecemento tamén en estética e salóns de peiteado. En novembro ofrecerá outro en novembro un curso sobre habilidades en imaxe persoal centrándose na paleta de cores e formas de pezas.
Neste caso desenvolverase de 21 a 22.00 horas os días 17, 20 e 24 de novembro fomentando unha proposta que diferencie aos pequenos comercios locais das grandes cadeas téxtiles. Toda esta formación centrarase en cuestións prácticas.
Os mesmos contidos serán tratados pero dunha forma máis teórica en charlas destinadas ao público xeral. As persoas interesadas poderán apuntarse a través do marketplace do Concello E-Ponte.com.
Relacionadas:
-
RADIO.- Hai un Black Friday e tamén está no comercio local, en liña e presencial
Por Redacción |
-
A campaña Nova Terra xa engalana o comercio local de Pontevedra
Por Redacción |
-
Adiada a decembro a exposición de fotografía do programa "Atende ao Teu"
Por Redacción |
-
O entronque das rúas Peregrina e Daniel de la Sota será ambientado para captar clientes
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Falamos de estilo? entón pregúntate primeiro: quen son eu?
Por Marisa Ciordia |