Sorprenden dous menores facendo pintadas nos aseos públicos de Combarro
Por Redacción
Axentes da Policía Local de Poio sorprenderon 'in fraganti' a dous menores que estaba a realizar pintadas no interior dos aseos públicos situados na rúa Francisco Regalado, en Combarro.
Ao verlles, os axentes quitáronlles os sprays que estaban a utilizar para facer as pintadas.
Unha vez que informaron as familias dos dous menores do que fixeran os seus fillos, a Policía Local propúxolles que fosen eles mesmos os que limpasen a pintura para resarcir os danos e, ao mesmo tempo, lles servira como medida reeducativa.
Os pais, segundo informa a Policía Local, decidiron que era unha decisión acertada e aceptaron a proposta.