A Lama arranxa a rede de sumidoiros en Laxedo
Por Redacción
O alcalde da Lama, Jorge Canda, realizou unha inspección ocular ás obras de arranxo da rede de sumidoiros do barrio de Laxedo, na parroquia de Covelo.
Estes traballos eliminarán os problemas derivados da falla de caída suficiente que facía que os resíduos se foran acumulando, sobre todo no verán, e provocando o entullo das tuberías e un cheiro moi acusado sobre todo no periodo de calor estival.
O Concello da Lama ven de obrigar á empresa adxudicataria a refacer un tramo de 10 metros co fin de corrixir as eivas detectadas polos veciños e o propio persoal municipal.
A reforma avanza a bo ritmo e o alcalde expresou o seu desexo de que con estas reparacións a rede funcione "como é debido".