O Concello prevé cortes puntuais de tráfico na Santiña polas obras de asfaltado
Por Redacción
O Concello de Pontevedra levará a cabo durante o xoves 15 e venres 16 de outubro labores de asfaltado na rúa Santiña polo que durante esas dúas xornadas haberá cortes puntuais de tráfico.
Estas restricións iranse realizando por tramos conforme vaian avanzando os traballos, respectando en todo momento o acceso a garaxes e residentes.
O obxectivo desta intervención é o de solucionar os problemas de deterioración que presenta o pavimento nesta vía como consecuencia do uso habitual por vehículos de motor.