Poio retoma as actividades infantís na biblioteca
Por Redacción
A concellería de Cultura do Concello de Poio retoma as actividades da Biblioteca Municipal dentro do programa Ler Conta Moito, que tivo que ser aprazado como medida de prevención fronte ao coronavirus.
A programación comezará de novo este xoves 15 de outubro coincidindo coa delebración do Día Internacional das Escritoras en Campelo para seguir posteriormente, o día 19 no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, cunha sesión de conta contacontos a cargo de Migallas. Dous días despois, no mesmo escenario, será a quenda dos contacontos de Carabranca. Ambas as actividades, previstas para as 17.30 horas, requiren inscrición previa.
Finalmente nas dependencias de Campelo celebrarase o día 23 o evento Son Bibliotecari@ co obxectivo de dar a coñecer entre os nenos o funcionamento destes centros e ao mesmo tempo fomentar a lectura.