Poio traslada á delegada territorial da Xunta a necesidade de reformar a PO-308 entre a Barca e Porteliña
Por Redacción
A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, continúa coa rolda de visitas institucionais, e este miércoles mantivo un encontro co alcalde de Poio, Luciano Sobral, con quen analizou as principais demandas do municipio en relación a administración autonómica.
Entre os principais temas que se analizaron durante o encontro, atopáronse a necesidade de dar continuidade á mellora da PO-308 en varios tramos como a humanización do tramo entre A Barca e Porteliña, así como a execución dun proxecto de senda peonil entre as Bardancas e Chancelas.
Por outra banda, o rexedor insistiu na demanda de construción dun novo centro de saúde neste concello, así como que se execute canto antes a licitación e execución das obras recollidas no convenio asinado con Portos de Galicia para a humanización dos portos de Raxó e Covelo.
Cuestións coma a execución dun novo pavillón de deporte neste municipio, dotar de saneamento aos lugares de Vilariño e Fragamoreira e a solicitude de que Augas de Galicia colabore xunto a Aquaes e os concellos de Poio e Sanxenxo na execución da nova EDAR que dará servizo a ambos municipios, foron outros dos temas analizados durante este encontro, no que o alcalde de Poio trasladou a nova delegada os seus parabéns polo nomeamento e destacou a figura municipalista de Luisa Piñeiro.
Relacionadas:
-
A Xunta anuncia que procederá nun curto prazo a expropiar os terreos para a mellora da PO-308
Por Redacción |
-
O alcalde de Barro pídelle un novo centro de saúde á Xunta
Por Redacción |
-
Luisa Piñeiro trasladará á Xunta as peticións do Concello de Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Cuntis reclama á Xunta que se lle inclúa no transporte público de Pontevedra e Santiago
Por Redacción |