A tarifa de taxis de Pontevedra actualizarase para 2021 cunha subida do 2,5%
Por Redacción
O Pleno da Corporación de Pontevedra previsto para o vindeiro luns 19 de outubro debaterá a revisión das tarifas de taxi no municipio para o ano 2021, no que se proporá unha suba dun 2,5% en todos os conceptos agás a baixada de bandeira.
Todos os grupos municipais votaron a favor da proposta na Comisión de Réxime Interior, Participación, Persoal e Xustiza celebrada este mércores. Ditaminaron favorablemente a revisión, que implica subir a tarifa do quilómetro percorrido, da hora de espera e do traslado de vultos e mascotas.
Esta actualización aplicarase ás dúas tarifas existentes na actualidade, a diurna (tarifa 1) e a aplicable en horario nocturno e durante as fins de semana e días festivos (tarifa 2). Esta segunda tarifa funciona entre as 22.00 e as 6.00 horas e entre as 15.00 horas do sábado e as 6.00 horas do luns.
As tarifas quedarán da seguinte maneira:
Tarifa 1: Baixada de bandeira: 1,90 euros (sen subida) Quilómetro percorrido: 1,08 euros (coa suba do 2,5%) Hora de espera: 19,73 euros (coa suba do 2,5%)
Tarifa 2: Baixada de bandeira: 2,12 euros (sen subida) Quilómetro percorrido: 1,43 euros (coa suba do 2,5%) Hora de espera: 21,97 euros (co suba do 2,5%)
Suplementos: Vultos (maletas, baules) e mascotas: 0,55 euros (coa subida do 2,5%)