O PP confirma a expulsión do partido do alcalde de Meaño, Carlos Viéitez
Por Redacción
O Comité de Dereitos e Garantías do Partido Popular desestima o recurso presentado polo alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, e confirma a súa expulsión do PP por considerar que é autor de dúas infraccións moi graves, por deslealdade e por desobediencia ás instrucións dos órganos de goberno do partido.
A resolución deste departamento remarca que as directrices da dirección do PP de Pontevedra eran claras e queda acreditado que Viéitez incumpriu unha directriz, que era a de presentar unha candidatura a vogal da mancomunidade por parte do PP de Meaño. Unha decisión do partido que tiña como obxectivo "preservar unha política provincial coordinada que vela polos intereses xerais".
O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, sinala que "o PP conta cuns estatutos claros e comúns para todos os seus cargos e militantes. Un principio básico do PP é non votar contra os os teus propios compañeiros nos órganos de goberno. E cando se incumpren pasan estas cousas".
Aínda así engade Roda que "o PP segue moi presente en Meaño" e puxo en valor o resultado que os populares conseguiron neste concello nas eleccións autonómicas.