Reclaman o reparto das prazas de garaxe nos edificios xudiciais da Parda
Por Oskar Viéitez
O Sindicato Profesional de Justicia (SPJ) reclama o reparto das prazas de garaxe nos edificios xudiciais da Parda. Na nova sede xudicial hai 233 prazas e outras 56 no vello edificio en obras. O número total de traballadores é de 390 persoas.
Nilo Fernández, en representación deste sindicato maioritario na xustiza galega, lembra que xa pasou máis de un ano dende a inauguración do novo edificio xudicial, "e rematadas as obras, preto de 300 prazas de garaxe seguen secuestradas pola incompetencia e desidia da administración".
Asegura este representante sindical que os traballadores destes dous edificios xudiciais "dan voltas arredor dos edificios en busca dunha prezada praza de aparcamento" mentras unha minoría de "afortunados" dispoñen de tarxeta para acceder ao garaxe.
Nilo Fernández explica que ao remate das obras as portas do estacionamento estaban abertas a fin de que os funcionarios poidesen aparcar, "conforme se tiña falado, a pesares de non estar feito o reparto definitivo das prazas":
A pesar de ello, añade, "as novas ordes dos últimos tempos rompen o compromiso de aparcamento provisional para todos os traballadores da xustiza, e levan ó peche do portal, provocado polos enfrontamentos entre os diferentes cargos na administración, os caprichos clasistas da xuíza decana, e a ausencia dun superior que fixe un criterio no caso de discrepancia, e as prazas volven a estar baleiras á espera de poder ser utilizadas".
Entre outros efectos desta medida, engade SPJ, numerosos xuízos e actuacións procesuais xa sufriron retrasos pola imposibilidade de aparcar.
SPJ, integrado na USO (Unión Sindical Obrera), esixe á Dirección Xeral de Xustiza que exerza as súas competencias, dada a negativa da xuiza decana e proceda a facer un "reparto inmediato" das prazas de garaxe actualmente desocupadas e a apertura do aparcadoiro para os traballadores.
Este sindicato advirte de que tomará "as medidas procedentes" se "nun breve espazo de tempo" non recibe comunicación positiva á súa solicitude.