Comisións Obreiras reclamará no xulgado melloras salariais no Concello de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
O secretario de organización de Comisións Obreiras en Pontevedra, Xosé Luis García Pedrosa, ven de anunciar que este sindicato "vai emprender accions legais que obriguen ao Goberno de Sanxenxo a respetar a legalidade laboral e a que se produzan melloras nos salarios do persoal".
García Pedrosa sinala que o Concello de Sanxenxo e quen de manter os impostos baixos "debido que unha parte importante dos traballadores municipais teñen salarios de miseria e están instalados na precariedade laboral" e asegura que o alcalde, "Telmo Martín pretende trasmitir a imaxe de que é un bon xestor cando a realidade dista moito de dita pretensión".
Argumenta Pedrosa que a maior parte do plantel do personal municipal non é fixo, "xa que unha parte moi importante están en fraude de lei con contratos indefinidos non fixos" e outra parte son contratos temporais ou a tempo parcial. Ademais o concello, ainda que está obrigado legalmente, non ten aprobada unha Relación de Postos de Traballo, que é o instrumento que pode regularizar a plantilla e axeitar e racionalizar as retribucions do persoal.
O secretario de organización de Comisións Obreiras di que "o Goberno de Sanxenxo era conscente destas irregularidades" e por eso nos orzamentos do concello do ano 2020 comprometeu unha partida para empezar a regularizar as diferencias salariais no prazo de tres anos.
"Pero outra vez mais, outro incumprimento máis, non adicaron nin un só euro en tratar de resolver esta inxusta situación e decidiron pagar as estacas de Silgar e outros gastos derivados da pandemia do covid-19 coas partidas que inicialmente estaban previstas para aliviar as situacións de manifesto agravio retributivo", conclúe García Pedrosa.