A oficina do DNI e o pasaporte amplía horario e abre ata as sete da tarde
Por Redacción
As oficinas de expedición do DNI, o pasaporte e outros documentos da rúa Fernández Villaverde ampliaron horario para facilitar á cidadanía a realización destes trámites necesarios, para os que hai unha alta demanda. Desta forma, de luns a xoves, pasarán a estar abertas ata as sete da tarde, dúas horas máis que antes.
Segundo a información facilitada pola Comisaría Provincial da Policía Nacional de Pontevedra, o horario para calquera trámite relacionado con documentación de españois pasa a ser continuado de 8.30 a 19.00 horas de luns a xoves. Ata o de agora, pechaba ás 17.00 horas.
Os venres, o horario continúa sendo de 08.30 a 14.30 horas. En todos os casos, os trámites realízanse na antiga sede do Banco de España con acceso desde a rúa Fernández Villaverde.
Para a realización destes trámites é necesario ter cita previa, que se pode solicitar a través de Internet nesta dirección: www.citapreviadnie.es.
Desde a Comisaría recomendan á cidadanía que comproben a vixencia da súa documentación para evitar situacións como a alteración ou mesmo a anulación dun voo, ao negar a compañía o acceso ao titular do billete por non ter a documentación en regra, así como a imposibilidade de efectuar certos tramites debido á caducidade do documento.
Pódese renovar o DNI cunha antelación á data de caducidade duns 180 días.
Relacionadas:
-
A oficina do DNI e o pasaporte mantén o horario ampliado e dispoñibilidade de citas
Por Redacción |
-
Trasladada provisionalmente a Oficina de Documentación de Estranxeiría a Fernández Villaverde
Por Redacción |
-
A 'nova normalidade' das oficinas do DNI: arranxar papeis antes de dar a luz ou tramitar unha moratoria de hipoteca
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |