Empeora o número de casos de covid con 26 novos positivos este luns
Por Oskar Viéitez
Este luns 12 de outubro a área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés notifica 26 casos positivos por covid-19.
Mantéñense 12 pacientes covid ingresados en planta de hospitalización dos que 10 están no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, ningún no QuirónSalud Miguel Domínguez e 2 no Hospital do Salnés. Ademais hai 5 pacientes covid na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
Así mesmo, permanecen 499 casos covid evolucionando nos seus domicilios. En total son 511 casos activos nesta área Sanitaria, o que supón 4 máis que onte.
Desde o inicio do plan de continxencia do covid-19 curáronse 1.888 pacientes, 22 máis que no día de onte, e faleceron por este virus na área sanitaria 24 pacientes.
En canto a realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas fixéronse 672, que se engaden ás 51.353 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
DATOS POR CONCELLOS
- Pontevedra baixa a 183 casos positivos, 30 menos ca onte.
- Marín sobe a 45 casos, dous máis que o sábado.
- Poio baixa a 25 casos activos, tres menos que o sábado.
- Sanxenxo baixa este domingo a 13 casos, catro menos ca onte.
- Vilanova de Arousa baixa a 17 casos, un menos que o sábado.
DATOS GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.474, deles 766 son da área da Coruña, 460 da de Lugo, 1.512 da de Ourense, 511 da de Pontevedra, 467 da área de Vigo, 621 da de Santiago, e 137 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 39 están en UCI, 198 en unidades de hospitalización e 4.237 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.924 persoas curadas, rexistrándose 786 falecementos. Nás últimas horas produciuse un novo falecemento en centros hospitalarios. Trátase dunha muller de 94 anos falecida no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. A falecida presentaba patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 553.544.