Atopan morto un ciclista de 62 anos no alto do Pousadoiro
Por Redacción
O 112 Galicia informou da aparición do corpo dunha persoa no alto do Pousadoiro, preto da estrada que une as localidades de Caldas e Vilagarcía, no concello de Vilagarcía.
Uns motoristas que circulaban pola zona sobre as dez da mañá deste domingo deron conta do achado ao 112 e ao Servizo de Urxencias 061.
Crese que o home, de 62 anos, sufriu un paro cardíaco mentres subía o alto de Ou Pousadoiro coa súa bicicleta.
A Policía Nacional e Policía Local investigan as circunstancias que rodearon este suceso.