A cifra de positivos sitúase en 507 na área sanitaria Pontevedra-O Salnés con 21 novos casos nas últimas 24 horas
Por Redacción
Nove pacientes COVID atópanse ingresados en planta de hospitalización na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés. Sete mantéñense no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra ( CHUP) e dous no Hospital do Salnés. Ademais, cinco persoas con covid-19 continúan na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
En total, o número de casos activos na área sanitaria sitúase en 507, 34 menos que na xornada do sábado. 493 destes casos mantéñense nos seus domicilios realizanndo un seguimento da súa enfermidade.
Durante as últimas 24 horas realizáronse 795 probas PCR nas que se detectaron 21 novos casos positivos. Desde o inicio do plan de continxencia curáronse 1.866 pacientes, 55 máis que na xornada do sábado. Por culpa desta enfermidade faleceron, segundo os datos ofrecidos polo SERGAS, 24 pacientes na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
Hai un caso positivo na Residencia Campolongo e outro na Residencia DomusVI Ribadumia, segundo a información ofrecida pola Consellería de Política Social.
DATOS EN GALICIA
En Galicia rexistráronse 313 novos positivos a través de 5.966 probas PCR durante as últimas 24 horas, segundo os datos ofrecidos pola Xunta de Galicia. En Ourense detectáronse durante esta última xornada 86 novos casos.
Galicia conta cunha cifra de 4.379 positivos, deles 745 son da área da Coruña, 462 da de Lugo, 1.482 da de Ourense, 507 da de Pontevedra, 464 da área de Vigo, 597 da de Santiago, e 122 da de Ferrol.
O total de persoas falecidas desde o inicio da pandemia sitúase en 784, catro máis nas últimas horas. Trátase de dous homes de 59 e 74 anos, que estaban ingresados no Complexo Hospitalario de A Coruña (CHUAC), e dúas mulleres de 83 e 88 anos que estaban ingresadas no CHUAC e no Complexo Hospitalario de Santiago, respectivamente,