Máis de 50 particulares e micropemes xa solicitaron axudas Supera20 ao Concello de Pontevedra
Por Redacción
Continúa aberto o prazo para que autónomos e micropemes soliciten as axudas Supera20 ao Concello de Pontevedra. Ata o momento recibíronse nas oficinas municipais 56 peticións.
a través destas axudas que conta cun fondo de 1.250.000 euros financiaranse proxectos de ata 5.000 euros. O prazo para presentar a solicitude pecharase o vindeiro mércores 14 de outubro ás doce da noite. Deberán realizarse a través da sede electrónica.
Ata o momento a maioría de actividades económicas que solicitan axudas son academias e hostalería, seguido polo sector téxtil e salóns de peiteado. Pero recolléronse tamén peticións por parte de axencias de viaxe, artes gráficas, alimentación, florerías, fisioterapia e despachos profesionais, entre outras.
As axudas van destinadas a modernizar e mellorar locais e establecementos de actividade empresarial con atención directa ao público que suspendesen a súa actividade durante o estado de alarma con menos de 10 persoas empregadas.
O Concello mantén dous números de teléfono para asesorar ás persoas que requiran información en horario de 09.00 a 14.00 horas: 618.385.048 e 681.264.835. O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores indica que no caso de que sexa necesaria unha nova convocatoria ou un incremento da dotación estudarase para próximas datas.
Relacionadas:
-
Os 160 beneficiarios do Plan Supera20 recibirán unha axuda media de 3.000 euros
Por Alejandro Espiño |
-
Máis de 200 autónomos e microempresas solicitaron as axudas municipais pola covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
Rexistran trece solicitudes para as axudas a autónomos e microempresas pola covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
Ciudadanos quere que as axudas Supera20 para autónomos poidan destinarse tamén ao pago de facturas
Por Manu Otero |
-
Abre a oficina Supera20 para informar sobre as axudas a autónomos e micropemes afectados pola Covid
Por Redacción |