Pepa Pardo, do Partido Popular, presenta unha moción coa intención de que o pleno municipal defenda a figura do Rei
Por Redacción
A concelleira do Partido Popular Pepa Pardo presentou unha moción que se debaterá no próximo pleno municipal na que insta o Goberno de España a reivindicar a Constitución de 1978, a separación de poderes e a unidade de España.
Pardo presenta esta moción porque entende que se debe protexer ás institucións e á figura do Rei. Considera que se produciron ataques e faltas de respecto por parte de membros do Goberno de Pedro Sánchez ás institucións democráticas e á monarquía.
Afirma que "a figura do Rei é fundamental" e lamenta as críticas realizadas por membros do goberno español ao Poder Xudicial e á monarquía parlamentaria. "A figura do Rei, hoxe máis que nunca, é fundamental para reivindcar o consenso e a unidade do 78", sinala no seu escrito.
Tamén solicita que se colgue unha bandeira española con motivo da Festa Nacional de España este 12 de outubro no balcón da antiga Casa do concello na praza de España. Indica que a petición solicitada o mércores desta semana aínda non recibiu resposta por parte do Concello.