17 pacientes mantéñense hospitalizados por covid-19 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés
Por Redacción
A área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés mantén 11 pacientes covid ingresados en planta de hospitalización, nove deles atópanse no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) e dous no Hospital do Salnés. A eles súmanse seis pacientes que se atopan na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
Permanecen 524 casos Covid baixo seguimento nos seus domicilios alcanzando os 541 casos activos nesta área sanitaria, con 32 positivos menos que na xornada do venres. Desde o inicio do plan de continxencia curáronse 1.811 pacientes, 64 máis que durante o venres 16. Mantense a cifra de 24 persoas falecidas desde o inicio da pandemia, segundo os datos facilitados polo SERGAS. Nas últimas 24 horas detectáronse 28 novos positivos confirmados a través da proba da PCR.
No municipio de Pontevedra o número de casos activos sitúase en 209, catro menos nas últimas 24 horas. Mantense un positivo na Residencia de Maiores de Campolongo. Tamén se rexistrou un descenso en Marín onde se cuantifican 45 casos, oito menos que onte. En Sanxenxo, os casos activos de covid son 17, 6 menos que onte mentres que en Poio se sitúan en 25, un menos nas últimas 24 horas. En total, na área sanitaria realzáronse 683 probas PCR durante a última xornada.
DATOS EN GALICIA
Ourense rompe o récord negativo en Galicia con 1.474 casos activos, dos que 123 son novos positivos. A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés lidera o descenso con eses 32 casos activos menos. Lugo rebaixa os casos en 28 e A Coruña en 10.
O número de positivos por coronavirus en Galicia sitúase este sábado 10 de outubro en 4.358, con 1.474 casos en Ourense, 747 na Coruña, 581 en Santiago, 541 en Pontevedra, 466 en Lugo, 435 na área de Vigo e 114 en Ferrol.
Na xornada deste venres rexistrouse o falecemento dunha muller de 93 anos por covid na residencia de maiores Ballesol Oleiros (Oleiros).