
© Concello de Marín
Marín completa a reforma do camiño que une Troncosa e Candóns

Por Redacción
O Concello de Marín executa obras de mellora en camiños do rural como o que une as localidades de Troncosa e Candóns, na parroquia de Santo Tomé de Piñeiro. A mellora destas infraestruturas é unha das prioridades do goberno local para este mandato, por iso a alcaldesa, María Ramallo, acompañada polos concelleiros Pablo Novas e Manuel Domingos; comprobou este venres a finalización dos traballos.
O proxecto consistiu, ademais da dotación de unna nova capa de rodadura, na limpeza de cunetas e roza das marxes para favorecer a escorrentía das augas da choiva.
O prespuesto desta obra, executada pola empresa Covsa, foi de 32.650 euros e contou con financiamento do Fondo Feader procedente da Unión Europea para o plan municipal de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas.
“Os camiños rurais, como parte integrante da rede de comunicacións do Concello, teñen unha gran importancia dado que, en moitos casos, resultan o único medio de accesibilidade”, afirmou a alcaldesa, María Ramallo.