Cambios no pavimento e sinalización para garantir a distancia social no paseo de Silgar
Por Redacción
O proxecto de semipeonalización do paseo de Silgar avanza trala sinatura dun convenio entre a Xunta e o Concello de Sanxenxo.
O Goberno galego destinará unha axuda de 30.000 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental para dar resposta á necesidade de ampliar o espazo de circulación peonil na zona e permitir a mobilidade das persoas sen risco sanitario, sobre todo coa vista posta na época estival, cando se incrementa a afluencia turística.
Esta axuda da Xunta permitirá realizar obras neste espazo, que consistirán na adecuación do pavimento actual para dotar de maior espazo aos peóns e o reforzo da sinalización para lembrar a necesidade de gardar a distancia social.
Este xoves, a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitaba Sanxenxo e percorría o paseo de Silgar na compaña da delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, e o alcalde Telmo Martín, para coñecer as actuacións previstas.
Natalia Prieto incidía na necesidade da colaboración entre administracións, sobre todo no actual contexto derivado da covid-19, para axudarlle ás entidades locais a executar iniciativas que redunden directamente no benestar da veciñanza, como é o caso da actuación en Silgar.
Relacionadas:
-
Comezan os traballos previos ao asfaltado da PO-308 ao seu paso por Portonovo
Por Redacción |
-
Silgar xa ten prioridade peonil
Por Redacción |
-
O pintado da zona de preferencia peonil en Sanxenxo estará terminado "a última hora do mércores"
Por Redacción |
-
O Paseo de Silgar, preparado para estrear a preferencia peonil
Por Redacción |
-
O paseo de Silgar fai oco para máis peóns
Por Redacción |