Patrullas da Brilat completan o Camiño de Santiago na súa tradicional competición militar
Por Redacción
A brigada Galicia VII (Brilat) organiza estes días a súa tradicional competición militar consistente na realización do Camiño Portugués desde Tui por unha serie de patrullas da base de Figueirido.
A celebración deste ano está marcada pola extraordinaria situación sanitaria, que condicionou o desenvolvemento da proba ao ter que adoptar estrictias medidas de hixiene e limitar a difusión da competición para reducir ao máximo a presenza de público. Ademais, suspendeuse tamén a tradicional entrega de premios na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela.
Durante a proba as diferentes patrullas da Brilat percorreron ao redor de 120 kms, coa uniformidade completa, armamento e mochila con equipo. Ademais da súa preparación física os patrulleiros tiveron que demostrar a súa destreza na realización das diversas probas que se realizan ao longo de todo o percorrido, como o paso de pista de obstáculos, rápel, percorrido topográfico, percorrido cronometrado, paso a nado de río arrastrando o equipo, tiro e lanzamento de granadas.
A competición iniciouse na localidade de Tui ás 9.00 horas do día 7 de outubro, finalizando en Santiago de Compostela durante a madrugada do xoves 8 de outubro.
Ao longo deste xoves está prevista na base Xeral Trasfogueiro de Pontevedra unha parada militar, onde se procederá á entrega de premios. Nesta dezanove edición, a competición foi gañada polo Batallón de Cuartel Xeral da Brilat, realizando o percorrido nun tempo final de dezasete horas.
Relacionadas:
-
A Tui-Santiago da Brilat recupera a presenza doutras unidades do Exército e estrea unha modalidade menos esixente
Por Natalia Puga |
-
Patrullas da Brilat e a Armada bátense nunha Tui-Santiago menos numerosa e máis lenta
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A OTAN recoñece á Brilat como unidade de referencia no tratamento de feridos en combate
Por Oskar Viéitez |
-
A Asociación de Amigos do Camiño Portugués concede a súa insignia de ouro ao conselleiro Román Rodríguez
Por Mónica Patxot |
-
A Brilat entrega o premio Azor e nomea sete novos cabaleiros e damas
Por Redacción |
-
A Operación Sentinela Galego pecha a campaña de 2020 con máis de 100 incendios avistados
Por Redacción |
-
Tras a pista da Covid-19: así traballan desde Figueirido os rastrexadores da pandemia en Galicia
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |