Sanidade informa de 23 novos positivos e 60 pacientes covid curados na área sanitaria
Por Oskar Viéitez
Este mércores 7 de outubro a área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés mantén 15 pacientes covid ingresados en planta de hospitalización. Son 13 no Complexo Hospitalario Universitario e de Pontevedra, 1 no Hospital QuirónSalud e 1 no Hospital do Salnés. Tamén hai 6 pacientes covid na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
Así mesmo, permanecen 609 casos covid evolucionando en domicilio. En total son 630 casos activos nesta área Sanitaria (37 menos que ayer).
Desde o inicio do plan de continxencia do covid-19 curáronse 1.640 pacientes (60 máis que no día de onte) e faleceron por este virus na área sanitaria 22 pacientes.
En canto a realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas realizáronse 728, que se engaden ás 47.894 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés .
DATOS LOCAIS
Segundo os datos achegados aos concellos pola Xerencia da área Sanitaria de Pontevedra - O Salnés, en Poio hai 34 casos activos de coronavirus, dous menos con respecto á xornada anterior.
En Marín xa son 61 casos activos, un máis que este martes mentres que en Sanxenxo hai en total 26 casos, rexístrase un caso menos que onte.
En Vilagarcía sitúase en 45 o número de afectados, descende por segundo día con seis casos menos que onte.
Estes concellos manteñen vixentes as medidas preventivas activas determinadas pola Xunta de Galicia desde o 11 de setembro.
DATOS GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.068, deles 787 son da área da Coruña, 486 da de Lugo, 1.123 da de Ourense, 630 da de Pontevedra, 390 da área de Vigo, 544 da de Santiago, e 108 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 34 están en UCI, 185 en unidades de hospitalización e 3.849 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.591 persoas curadas, rexistrándose 769 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 523.412.