A reciclaxe dispárase na cidade de Pontevedra, especialmente o papel e o cartón cun 50% máis
Por Alejandro Espiño
A conciencia ambiental dos pontevedreses parece estar en aumento. Así o acreditan, a menos, os datos dos residuos que reciclamos no primeiros oito meses do ano, onde se aprecia un aumento substancial da separación nos fogares da cidade.
O incremento da reciclaxe apréciase, sobre todo, na recollida de papel e cartón. Os contedores azuis, entre xaneiro e agosto, recibiron un 50% máis de residuos. De seguir este ritmo, o ano acabará cunhas 2.000 toneladas recicladas fronte ás 1.400 de 2019.
Ata un 18,7% creceu tamén a separación dos plásticos e os envases lixeiros. En 2019 recolléronse 1.000 toneladas dos contedores amarelos e a previsión é pechar este ano alcanzando as 1.200 toneladas en total.
Un aumento similar rexístrase nos iglús reservados para o vidro. No primeiros oito meses de 2020, reciclouse un 16,83% máis. Tamén se estima que se recollerán en todo o ano unhas 1.200 toneladas, máis que as 1.050 que houbo o pasado ano.
O edil responsable de residuos, Raimundo González, celebrou estes datos e destacou que este nivel de reciclaxe alcanzada en Pontevedra "é froito" do compromiso ambiental dos cidadáns e a súa implicación co medio natural.
O Concello espera que estes datos se manteñan nos meses restantes, o que permitiría -xunto coa redución que se está realizando na denominada fracción resto- que os residuos que Pontevedra envía a Sogama se reduzan un 7% con respecto a 2019.
Relacionadas:
-
Finalizou o período de participación veciñal para o deseño do tratamento dos residuos
Por Redacción |
-
Pontevedra devolverá case 224.000 euros aos contribuíntes polo canon do lixo
Por Alejandro Espiño |
-
Implantan en Pontevedra un proxecto piloto para impulsar a compostaxe doméstica
Por Alejandro Espiño |
-
Os pontevedreses bateron récords de reciclaxe no mes de marzo
Por Redacción |
-
A reciclaxe e ás "as trampas ao solitario" dalgunhas administracións
Por Oskar Viéitez |