A conselleira de Infraestruturas supervisa as obras de mellora da seguridade viaria na travesía de Tenorio
Por Redacción
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitou este luns as obras que levan executando desde setembro na travesía de Tenorio que, cun investimento de 800.000 euros, servirán para mellorar a seguridade de condutores e peóns, así como a estética e funcionalidade da principal vía de comunicación desta parroquia de Cerdedo-Cotobade.
O proxecto, que afecta a contorna do centro de saúde, centros escolares, locais comerciais, numerosas vivendas e o mosteiro; contempla a demolición das beirarrúas existentes e a execución de dúas novas sendas polas marxes da carrerera cun ancho que duplicará ás antigas. Así mesmo, habilitarase unha zona específica para o estacionamento de vehículos.
A intervención inclúe a instalación de iluminación máis eficiente, o reforzo da sinalización, a construción de dous muros de contención e o retranqueo da rede de pluviais.
A conselleira, que estivo acompañada polo alcalde Jorge Cubela, enmarcou estas obras no compromiso do executivo autonómico coa potenciación das instraestructuras e servizos neste concello. Lembrou que nesta parroquia están a completarse obras de mellora do saneamento que supoñen a instalación dunha nova rede de colectores e unha nova depuradora por valor de 1,7 millóns de euros.
Relacionadas:
-
Inxección de 440.000 euros para completar a humanización da travesía de Tenorio
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Comezan as obras da nova senda peonil de Tenorio
Por Redacción |
-
Avanza a bo ritmo a humanización da travesía de Tenorio
Por Redacción |
-
As beirarrúas da travesía interior de Tenorio serán o dobre de anchas
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade anuncia un Plan de Investimentos de 8,3 millóns de euros para a reactivación económica
Por Redacción |