Ciudadanos quere que as axudas Supera20 para autónomos poidan destinarse tamén ao pago de facturas
Por Manu Otero
O Concello de Pontevedra habilita unha liña de subvencións para autónomos e micropemes dotada con 1,25 millóns de euros que poderán destinarse a cinco fins: implementación de tecnoloxías dixitais, mellora na accesibilidade exterior e interior dos locais, embelecemento e ornato dos establecementos, mellora da eficiencia enerxética ou outras actuacións necesarias para a mellora da actividade, como a adquisición de mobiliario.
A publicación das bases xerou unha avalancha de chamadas de empresarios interesados en solicitar estas axudas que contemplan un máximo de 5.000 euros por beneficiario. Con todo, son varias as voces que reclaman poder destinar estes fondos a outras actuacións máis urxentes e que poden marcar a diferenza na supervivencia da empresa como o pago de facturas atrasadas daqueles locais que estiveron ou permenecen pechados desde o decreto do estado de alarma.
Estas peticións recolleunas o responsable da formación de Ciudadanos en Pontevedra, Luís Miguel Lamas, que presentou unha proposta ao Concello para que permitan que "autónomos e micropemes poden destinar as axudas Supera20 ao pago de facturas".
O líder da agrupación considera que hai que ter en conta a certos comercios e negocios que se están vendo especialmente afectados e que se poden quedar fóra dos criterios da repartición ou que teñan que pedir o diñeiro para usos "inútiles" posto que moitos negocios non saben se poderán continuar coa súa actividade. "É como poñerse guapos para o teu propio funeral", expón un dos afectados facendo fincapé na necesidade de poder empregar os fondos "dunha maneira útil para resolver os problemas que temos agora".
Por iso, en Ciudadanos ven fundamental que para a supervivencia dos locais máis afectados permítase para a obtención da subvención a presentación de facturas por subministracións, alugueres, hipotecas, IBIS ou pago de terrazas. “Tamén pedimos que se estableza unha sexta vía de xustificación para a obtención da subvención para locais especialmente afectados polo covid-19 atendendo a criterios de descenso de facturación ou peche por lei, entre outros”, demandan.
Relacionadas:
-
Máis de 50 particulares e micropemes xa solicitaron axudas Supera20 ao Concello de Pontevedra
Por Redacción |
-
Rexistran trece solicitudes para as axudas a autónomos e microempresas pola covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
Abre a oficina Supera20 para informar sobre as axudas a autónomos e micropemes afectados pola Covid
Por Redacción |
-
Xa se poden solicitar as axudas Supera20 para autónomos e micropemes
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra aproba as bases da convocatoria de axudas para micro pemes e autónomos pola Covid
Por Redacción |