Baixan ata 765 (-30) os casos activos de coronavirus na área sanitaria nunha xornada con 14 novos contaxios
Por Diego Espiño
A cifra de novos contaxios de COVID na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés minórase, o que unido ás altas de pacientes permite este venres 2 de outubro reducir no número de afectados.
Segundo o balance oficial da Consellería de Sanidade, nas últimas horas rexistráronse 14 novos positivos. Como contrapunto os 44 pacientes que recibiron o alta epidemiolóxica fixeron caer ata 765 os casos activos de coronavirus na área sanitaria, con 30 menos que o día anterior.
Dos afectados a maioría evolucionan nos seus domicilios, pero 20 deles atópanse hospitalizados. En concreto repártense entre a planta do Hospital de Montecelo (12), Hospital do Salnés (1) e o QuirónSalud Miguel Domínguez (1) e a Unidade de Coidados Intensivos, na que están a ser atendidas seis persoas positivas en COVID.
Desde o inicio da pandemia superaron o virus 1.401 pacientes en Pontevedra e O Salnés, contabilizándose 20 falecementos asociados ao virus. Ademais nas últimas 24 horas realizáronse 766 probas PCR que se engaden ás 43.959 efectuadas con anterioridade.
A nivel autonómico, a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.203, o que supón 56 menos que o xoves. Deles 904 son da área da Coruña, 526 da de Lugo, 850 da de Ourense, 765 da de Pontevedra, 491 da área de Vigo, 539 da de Santiago, e 128 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 36 están en UCI, 207 en unidades de hospitalización e 3.960 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 19.389 persoas curadas, rexistrándose 749 falecementos.
Relacionadas:
-
Os casos activos por covid-19 caen con forza en Pontevedra e máis timidamente en Marín, Poio ou Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanidade incorpora a Cambados aos municipios con restricións pola covid-19
Por Redacción |
-
Pontevedra inicia outubro con 356 casos activos de coronavirus, 18 menos que onte
Por Redacción |
-
A incidencia da COVID-19 volve subir na área sanitaria, con 14 positivos nun día e 9 casos activos máis
Por Natalia Puga |
-
Unha muller de 89 anos, a vítima mortal número 20 da pandemia na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Terceira xornada de descenso de casos activos de Covid-19 na área sanitaria
Por Natalia Puga |