Desarticulado un "narcopiso" de venda de droga en pleno centro de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional no marco da "Operación Millán", detiveron a dous veciños de Pontevedra por un delito de tráfico de drogas tras detectar un importante punto de venda de droga nun domicilio situado no centro da cidade, moi preto da zona comercial.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial, por mor das informacións recibidas os axentes policiais constataron que dous irmáns estarían a se dedicar á venda polo miúdo de substancias estupefacientes haxix e marihuana.
Establecéronse durante os meses de investigación diversos dispositivos de vixilancia e seguimento no lugar, tendentes a comprobar a veracidade das informacións recibidas, podendo constatar como efectivamente numerosos mozos, algún menor de idade, acudían ao domicilio investigado utilizado como "narcopiso" onde montaran un invernadoiro para a produción a maior escala de marihuana.
Segundo foi avanzando a investigación, comprobouse que ditas persoas estaban a introducir no interior do seu domicilio os útiles necesarios para montar dentro do mesmo un invernadoiro para a produción a maior escala de marihuana, e para iso utilizaban a outros dous mozos para a consecución de tal fin.
Posteriormente detívose a un deses novos como colaborador dos principais investigados que foi posto en liberdade tras a toma de declaración diante da presenza letrada.
Os axentes tras montar un dispositivo no que detiveron aos dous investigados solicitaron o mandamento de entrada e rexistro á autoridade no que incautaron os seguintes efectos: 232,07 gramos de haxix, 898 gramos de marihuana, 9,27 gramos de cocaína; 2,5 unidades de MDMA, 3 teléfonos móbiles, 2 básculas de precisión, 21,64 euros, 1 navalla, dous equipos de iluminación, 1 filtro de carbono, 1 ventilador de extracción, 2 temporizadores, 26 macetas, 2 tubos de extracción de aire, 1 bolsa de plástico con recortes e 1 defensa extensible.
Aínda que as investigacións previas á entrada e rexistro apuntaban a que os investigados só dedicaríanse á venda polo miúdo de haxix e marihuana, tras o rexistro do domicilio púidose comprobar que os investigados tamén se estarían dedicando á venda polo miúdo de cocaína, xa que dispoñían listas para a venda de varias doses "papelas" da devandita substancia.
Os detidos foron postos ao dispor da autoridade xudicial.
Relacionadas:
-
Tres anos de prisión para o responsable dun narcopiso no centro de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Unha liorta na rúa San Antoniño remata coa denuncia a un mozo por posesión de marihuana nun piso
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Denuncian un mozo de 18 anos localizado sen máscara e portando haxix na zona da Alameda
Por Natalia Puga |
-
A Policía 'caza' o autor de máis de 50 estafas pola internet que lle reportaron 50.000 euros
Por Redacción |
-
Localizan unha muller que furtaba roupa en tendas usando unha bolsa para eludir as alarmas
Por Redacción |