A compra de novos equipos sitúa ao parque de bombeiros de Pontevedra á vangarda tecnolóxica de Galicia

Por Redacción

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, visitou este mércores o parque municipal de bombeiros para comprobar o estado da instalación e os equipamentos e ferramentas recentemente adquiridas polo goberno local para mellorar a seguridade e adaptar os medios do corpo de bombeiros aos últimos avances tecnolóxicos.
"Fixemos unha renovacion importante de equipos de rescate que incorporan novas tecnoloxías para mellorar a proteccion dos traballadores, para definir o tipo de actuación que se ten que facer e coa máxima protección para o calor", detallou o rexedor algunhas das calidades das últimas incorporacións. Os investimentos municipais redundan tamén nunha mellor operatividade, posto que a instalación de novos despachos individuais con todo o equipamento necesario para cada traballador reduce a un minuto o tempo de saída cando hai unha emerxencia.
Destacou tamén Fernández Lores que a formación do persoal é continua e que a nivel tecnolóxico, o parque de Pontevedra sitúase á vangarda dos parques de Galicia.
O investimento municipal realizado nos últimos meses, á espera dunha nova actuación para adaptar o recinto ás normas Covid, supera os 200.000 euros.
Con respecto ás reivindicacións de necesidade de máis bombeiros, o alcalde deixou claro que "para a cidade de Pontevedra hai persoal suficiente". Os problemas xorden cando é necesario desprazarse a outros municipios pero "iso métenos noutro debate sobre a comarcalización. Nós non estamos en contra sempre que o Concello non teña que poñer máis cartos", declarou o mandatario nacionalista.
Sobre a reforma urbana do nó de bombeiros, o rexedor sinalou que o proxecto xa está aprobado e incluído no presupostos pero que se atopa á espera da resolución de trámites administrativos no proxecto e da firma dun convenio entre Audasa e Fomento. Algo que é seguro é que "o parque vai seguir aquí", sentenciou Lores.
Visita do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ao parque de bombeiros
Visita do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ao parque de bombeiros
© Mónica Patxot
Relacionadas:
-
Reordenan o parque de bombeiros para ampliar as zonas comúns ante a covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
O PP pide á Deputación que negocie a "fundamental" comarcalización do parque de bombeiros de Pontevedra
Por Redacción |
-
Proxectan remodelar as instalacións do parque de bombeiros de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |