A Xustiza dá a razón ao Concello en senllos conflitos laborais coa Policía Local e os bombeiros
Por Redacción
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra deu conta este luns de dúas sentenzas dos tribunais favorables ao goberno local en senllos conflitos laborais con traballadores da Policía Local e do corpo municipal de bombeiros.
No primeiro caso, un inspector da policía reclamara ante a Xustiza a cobranza do 100 % do salario durante as quendas de garda que estes traballadores realizan de forma rotatoria as fins de semana e festivos. Durante estas xornadas, os traballadores non se atopan no seu lugar de traballo, senón que se teñen liberdade de movementos coa única obrigación de estar operativos se xorde algunha urxencia. Por iso desde o Concello consideran que o salario para percibir non debe ser do 100 %, senón a metade. Algo que ratificou agora o xuíz.
Pola súa banda, un dos integrantes do persoal do servizo de bombeiros levou tamén ante a xustiza unha reclamación derivada da obrigación imposta polo goberno local a estes traballadores de, se as circunstancias requíreno e dispoñen da titulación necesaria, de conducir vehículos acuáticos para realizar intervencións de rescate ou de emerxencias no río.
Os traballadores alegaban que estas titulacións foran conseguidas de forma particular e que non podían obrigarlles a poñelas ao dispor do seu traballo.
A sentenza dá a razón ao Concello e lembra aos traballadora que é a administración local a que lles facilita as xestións de renovación destas licenzas e ademais corre cos gastos. Doutra banda, desde o goberno local puntualizan que estes permisos son necesarios para exercer a súa función.
Doutra banda, unha traballadora da administración local tivo que acudir tamén á Xustiza para ser recoñecida como parte do persoal fixo en lugar de estar tipificada como persoal laboral indefinido.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez pide a dimisión de Carme da Silva polas súas acusacións contra a Policía Local
Por Natalia Puga |
-
O parque de bombeiros recibirá un investimento de dous millóns de euros en seis anos para mellorar instalacións e medios
Por Natalia Puga |
-
Vinte e catro policías locais, de baixa días antes dos mundiais de tríatlon
Por Redacción |
-
Os funcionarios municipais, "cansos" ante a "dilación" da negociación co Concello