Contra vento e pandemia, o castañeiro acode á súa cita co outono de Pontevedra
Por Redacción
O castañeiro que cada ano marca o inicio do outono e acompaña aos pontevedreses ata ben entrado o inverno non faltou este ano á súa cita coa cidade do Lérez. Este venres xa se puido ver ao profesional que cada ano instálase na praza da Ferrería.
Vista de lonxe, a imaxe é exactamente igual á de calquera dos anos anteriores, pero, nada máis achegarse aos dous carros que acompañan ao castañeiro, a diferenza é notoria e adáptase aos novos tempos que trouxo a pandemia da Covid-19: a alerta sanitaria non lle impediu instalar os postos de venda xa habituais, pero sí se deixou notar na súa vestimenta e cumpre coa obriga de levar máscara de protección.
O castañeiro cumpre con todas as medidas de seguridade establecidas para evitar contaxios de coronavirus e tamén pide aos seus clientes que as cumpran, tanto o uso de máscara, como a distancia de seguridade obrigatoria entre persoas, de modo que as primeiras colas foron máis ordenadas do habitual en anos anteriores.