Unha veciña de Poio, ferida grave nun atropelo cando cruzaba un paso de peóns
Por Redacción
Unha veciña de Poio resultou ferida de carácter grave na noite deste sábado tras sufrir un atropelo cando cruzaba un paso de peóns na avenida da Barca.
Segundo a información facilitada pola Policía Local de Poio, o atropelo produciuse sobre as 21.10 horas deste sábado, nun momento de escasa visibilidade pola hora nocturna e pola choiva que caía insistentemente.
A Policía Local investiga as causas do accidente, no que un turismo atropelou á muller e causoulle lesións de carácter grave.
Tras o atropelo, a muller tivo que ser trasladada polos servizos sanitarios a un centro hospitalario pola gravidade das feridas sufridas.