Pontevedra acumula 404 positivos, 22 máis que o venres
Por Almu Dapena
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Covid-19 segue avanzando en Pontevedra a pesar das restricións especiais que a Xunta de Galicia impuxo en Pontevedra, Poio, Marín, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova.
Segundo os datos facilitados por fontes sanitarias aos distintos concello, este sábado 26 de setembro, en Pontevedra contabilizáronse 22 positivos máis nas últimas 24 horas. Desta maneira, a cifra de casos activos elévase aos 404, 22 máis que o venres e 38 máis que o xoves.
Pola súa banda, Marín contabilizou 68 casos activos, tres máis que o venres, mentres que Vilanova non rexistrou ningún incremento polo que se mantén en 20 contaxiados.
No caso do Concello de Poio, os datos facilitados pola Xerencia da área sanitaria ao goberno local sinalan que este sábado hai 64 casos activos de Covid-19 no municipio, tres máis dos contabilizados o venres.
En Vilagarcía rexistráronse catro novos casos de Covid, alcanzando un total de 64. Isto significa que desde a decisión de restrinxir as relacións sociais o pasado xoves, contabilizouse un aumento de siete casos, tres derivados do brote da avícola de Cambados e agora catro máis, en principio, non ligados a ningún brote.
Entre as restricións baixo as que seguirán os municipios está a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros.
Tamén segue vixente a limitación do número máximo de persoas nas reunións tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.