A Deputación urxe á Xunta a solucionar o "caos" na Atención Primaria
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
"La Diputación no puede permanecer ajena al ensordecedor clamor social causado por el caos en la Atención Primaria, que es nuestra línea de defensa en esta segunda fase de la pandemia, y que está quedando superada por culpa del desmantelamiento al que fue sometida por la Xunta de Galicia durante los últimos años". Así o manifestou o voceiro do grupo socialista, Carlos López Font, durante o Pleno provincial celebrado este venres, no que se aprobou a moción que urxe ao Goberno galego a reforzar os centros de saúde con recursos humanos e materiais e a poñer en marcha un sistema de rastrexo eficaz.
A moción saíu adiante co apoio do PSdeG-PSOE e BNG e o voto contrario do PP.
"Asistimos", explicou Font, "a una crisis de desatención sanitaria sin precedentes" que afecta a milleiros de persoas con enfermidades comúns ou non comúns que non conseguen concertar cita telefónica e que quedan sen tratamento. No caso dos pacientes polimedicados, engadiu Font, falamos de persoas maiores e fráxiles que están sen o seguimento esixible.
"La gente pasa horas al teléfono para tratar de conseguir una cita y, en la mayor parte de las ocasiones, se está tardando hasta dos semanas en llamarla". "Están abocando a la gente a ir a Urgencias y, al dejar de atender en los Centros de Salud, están causando que se agraven los problemas de salud y que disminuya la detección temprana de enfermedades".
Durante a súa intervención, Font referiuse a "opacidad informativa" da Xunta que vén de denunciar o Colexio de Xornalistas de Galicia en todo o que ten que ver coa evolución da pandemia. O deputado socialista cualificou como "escandaloso" que os xornalistas galegos teñan emitido un comunicado denunciando que Galicia é a comunidade máis opaca de toda España e que os escasos datos oficiais que transcenden emanen dos autos xudiciais sobre medidas cautelares.
Unha falta de transparencia que tamén os alcaldes e alcaldesas poñen de manifesto dende hai meses ao non ter acceso ás cifras de persoas contaxiadas nos seus municipios e verse, deste xeito, imposibilitados para colaborar nun control máis efectivo control do espallamento do virus.
O voceiro do BNG, César Mosquera afirmou que "o que está pasando é inadmisible". Falou en primeira persoa ao explicar que el mesmo non puido conseguir cita médica para un recente problema de saúde e que pode poñer moitos exemplos na súa contorna máis próxima. "Estase a ordenar á xente que chama porque ten algún síntoma que se confine sen facerlle probas". "Acaban de detectar 90 positivos nun centro de traballo e iso non se contaxia nun día; estamos como se houbera que levar unha vela a Santa Clara", lamentou.