A Deputación prepara unha campaña de promoción turística pensada no outono
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación, Carmela Silva avanzou este venres en rolda de prensa os actos programados con motivo do Día Mundial do Turismo que se celebra este domingo 27 de setembro, e este ano dedícase ao rural "e temos elaborado un vídeo que difundiremos ese día".
Carmela Silva considera que estes actos poden ser "unha xanela de oportunidades para as zonas rurais" e nese vídeo elaborado pola Deputación destacaranse "os valores naturais do noso territorio" e o turismo sostible.
Esta acción enmárcase na campaña "Segue ou teu instinto" e chega "nun momento difícil para o turismo" polo que o Goberno provincial considera que "ten que ser tamén un mecanismo para afondar noutro modelo que xerará novas oportunidades".
A presidenta provincial asegurou que "somos conscientes de que turismo e desenvolvemento rural van da man" e destacou que "desde hai 5 anos" a Deputación de Pontevedra mobilizou millóns de euros na rede de oficinas e apoio a proxectos do sector e dos concellos e "moitos investimentos para dotar ao rural de equipamentos e servizos".
Igualmente Carmela Silva insistiu en que "é fundamental apostar por un turismo sostible que respecte a biodiversidade" e, neste sentido, anunciou que "a próxima semana comezamos a nova campaña de difusión de outono, para desestacionalizar o destino".
NOVENO PREMIO
Nesta mesma rolda de prensa a presidenta da Deputación, Carmela Silva, comunicou que o audiovisual da campaña promocional "Fame de experiencias" gañou o seu noveno premio neste ano 2020, sendo recoñecido como o Mellor Vídeo de Produto Turístico por parte do Festival Internacional de Cinema de Turismo de Istambul.
Un recoñecemento que obtivo en Turquía en competición con outras 350 pezas de 75 países. O festival forma parte do circuíto internacional enmarcado na International Cifft Federation sendo un importante evento de comunicación e promoción onde compiten películas de temática turística.
Relacionadas:
-
O audiovisual da campaña turística 2020 da Deputación logra dous novos premios internacionais
Por Oskar Viéitez |
-
O vídeo promocional das Rías Baixas "Segue o teu instinto" conquista o seu primeiro premio internacional
Por Redacción |
-
E o Óscar turístico World Tourism Film Awards é para... 'Fame de experiencias?', vídeo promocional da Deputación
Por Redacción |
-
'Fame de experiencias' acada o seu premio internacional número 13 nun festival grego
Por Redacción |
-
A campaña turística "Fame de experiencias" alcanza a docena de premios internacionais
Por Redacción |
-
Crean unha plataforma para reservar casas de turismo rural en toda Galicia
Por Redacción |
-
A campaña "Fame de experiencias" obtén o seu décimo recoñecemento internacional
Por Redacción |