Catro pontevedreses concursan en Boom! para abrir un lugar de lecer que cubra o baleiro que ven na cidade
Por Marisa Ciordia
Non puido ser. Os Megatoxos, catro mozos pontevedreses que decidiron participar nun concurso televisivo para conseguir diñeiro e abrir un centro de lecer nesta capital, concluíron a súa experiencia sen lograr o obxectivo previsto. Era a intención de Iria, Daniga, Alex e Hadri que este xoves 24 de setembro aparecían na emisión do programa ¡Boom! de Antena 3, presentado por Juanra Bonet.
Os Megatoxos iniciaron o seu concurso coreando o que definiron como unha mestura do himno galego e do Celta: "Que din os rumorosos? afouteza e corazón". Á pregunta sobre a orixe e significado do seu alcume, explicaron que o escolleron pola saga de libros de Anxo Fariña. Aínda que para calquera galego non se escapa o dobre significado da palabra toxo; os pontevedreses tiveron que aclarar que non só refírese a unha planta, tamén é un apelativo que se dá a persoas con forma de ser adusta.
Hadri e Daniga, estudan primeiro curso de Enxeñería Informática na Coruña, onde comparten piso. Iria, estuda segundo ano de Enfermería; mentres que Álex este ano comeza Medicina en Cataluña despois de que o ano pasado non conseguise entrar nesa Carreira e cursase do mesmo xeito que Iria, Enfermería en Santiago.
Como explicaban durante a súa intervención televisiva "Pontevedra é unha cidade moi bonita, pero fáltalle algo. Para xente da nosa idade non hai moito que facer e queriamos un lugar de lecer onde podamos construír un parque de bólas para nenos pequenos, unha boleira, calquera cousa para que a xente nova póidase divertir", un proxecto de lecer que facían extensivo tamén a poboación adulta.
O feito de que os tres pontevedreses explicasen que estudaban fóra da súa cidade suscitou a dúbida do presentador; polo que Bonet preguntoulles se a xente nova ten que marchar fose para estudar unha formación superior. Os mozos explicáronlle que Pontevedra dispón de Universidade, pero que aqueles como no seu caso estudan fóra, "volvemos a fin de semana" e fáltanlles opcións de lecer.
De conseguilo, o bote acumulado do programa era de 1.780.000 euros. O certo é que o obxectivo non era nada fácil xa que se enfretaron a Los Dispersos, que levan participando ininterrompidamente 193 programas ata este xoves, o que os sitúa como segundo equipo máis veterano deste concurso televisivo despois dos soados Lobos.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Ketty Fresneda: Azucre, sal e pementa!
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
O Grove, en 'Gran Hermano': Así é o modelo Miguel Vilas, un dos seus concursantes
Por Redacción |
-
Belén Roca, unha marinense en Gran Hermano VIP
Por Redacción |
-
Lidia Folgar, expulsada de Masterchef ás portas da final do concurso
Por Alejandro Espiño |