VÍDEO.- Un mestre canteiro formado en Poio é o gañador do Premio Driehaus das Artes da Construción
Por Redacción
O goberno da Deputación de Pontevedra trasladou a súa felicitación ao mestre Rodrigo de la Torre, formado na Escola de Cantería da institución provincial, que acaba de ser distinguido cun dos Premios Richard H. Driehaus das Artes da Construción, os galardóns que se conceden en España aos máis destacados mestres dos distintos oficios da construción tradicional, contribuíndo así á súa preservación e continuación.
De la Torre foi gañador do premio na categoría de traballos de cantería e albanelería, que recoñece así a súa dilatada traxectoria profesional ao longo de trinta anos no sector. O valisoletano, cuxa familia paterna dedicouse á construción e cuxo avó tamén era canteiro, é mestre de cantería e o seu principal campo de actividade é o da conservación e restauración de monumentos. Neste senso, ten feito intervencións en numerosas catedrais, colexiatas, igrexas e monumentos de carácter civil de Castela e León, Aragón, País Vasco, Cataluña e a Comunidade Valenciana
Como destacou no vídeo que acompaña o seu recoñecemento, foi na Escola de Cantería da Deputación en Poio onde descubriu que traballar a pedra era ao que quería dedicarse.
Relacionadas:
-
O PP reclama en Madrid que se recoñeza a formación da Escola de Cantería de Poio
Por Redacción |
-
A Escola de Cantería consegue a acreditación como centro de formación para a expedición de certificados de profesionalidade
Por Redacción |
-
Esnaquizan un cruceiro en Madrid realizado por canteiros pontevedreses
Por María José Pita |
-
Estritas medidas de seguridade e instalacións reformadas no inicio do curso da Escola de Cantería
Por Redacción |
-
A Escola de Cantería ultima os preparativos do novo curso
Por Redacción |