Unha explosión nunha neveira deixa dous traballadores feridos en Uxío Novoneyra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Sobre as 17:35 horas deste mércores tivo lugar unha explosión de gas refrixerante nunha neveira industrial do local "Take Away come en casa", situado no baixo número 6 da rúa Uxío Novoneyra.
Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura da Policía Local, este accidente laboral tivo lugar cando un técnico e a dona do local dedicado a comida para levar atopábanse realizando tarefas de carga de gas nunha neveira industrial. De repente prodúcese unha explosión ao inflamarse o gas cunha labarada que provoca queimaduras a estas dúas persoas.
Por parte dos bombeiros procedeuse a sufocar un pequeno incendio e verificouse a ausencia de atmosfera explosiva. A lugar do suceso tamén acudiron efectivos da Policía Nacional.