Autoridade Portuaria e Salvamento Marítimo fan un simulacro de contaminación mariña por hidrocarburos
Por Redacción
Co obxectivo de preparar tanto ao persoal como aos equipos para facer fronte a un posible episodio de contaminación mariña por hidrocarburos, a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra e o persoal de Salvamento Marítimo realizaron un exercicio de carácter práctico dentro do Plan Interior Marítimo (PIM) do Porto de Marín.
O remolcador María Pita, atracado no Novo Peirao Comercial, participou nestas prácticas que consistiron no manexo dos equipos e a súa posta en funcionamento no mar. Entre estes aparellos, destaca o skimmer, que é unha boca de succión de hidrocarburos.
A colaboración entre a Autoridade Portuaria e a Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima é continua en materia de prevención de contaminación mariña e realízanse periodicamente exercicios e simulacros para garantir unha eficaz resposta de todos os efectivos no caso dun sinistro real.
Relacionadas:
-
A Autoridade Portuaria prorroga dez anos a concesión da terminal cuberta
Por Oskar Viéitez |
-
Pneumáticos, pezas de coches, restos de mobles... e todo nos fondos do porto de Marín
Por Redacción |
-
O Porto de Marín retirou máis de 18 mil quilos de lixo mariño das costas no que vai de ano
Por Redacción |
-
O Porto de Marín anuncia unha limpeza submarina das súas dársenas
Por Redacción |