O PP apoia o proxecto para destapar o tramo urbano do río Gafos: é unha "grandísima idea"
Por Natalia Puga
O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, considera unha "grandísima idea" o proxecto do Goberno local de Pontevedra de convocar un concurso internacional de ideas para destapar o tramo soterrado do río dos Gafos no centro urbano de Pontevedra.
A preguntas dos xornalistas, Rafa Domínguez indicou este mércores que esperará a coñecer en profundidade cal é o proxecto e cales son os custos e a forma na que poderá executarse, pero, a priori, gústalle e o PP veo "con interés".
En opinión de Rafa Domínguez, "de primeras" é unha idea que "mayoritariamente, Pontevedra quiere" para liberar o paso do río polo centro da cidade.
O concelleiro de Desenvolvemento Sostible de Pontevedra, o socialista Iván Puentes, anunciou esta semana a convocatoria dun concurso de ideas para executar esta actuación, que xa anunciara que sería o seu proxecto estrela do presente mandato.
Trátase dun plan para "renaturalizar e dignificar" a área do río dos Gafos para "darlle o valor que merece e gañalo para a paisaxe urbana" así como para o lecer da cidadanía. Despois da recuperación do parque fluvial entre a estación de autobuses e Campolongo, o goberno local considera que chegou a quenda ao tramo circula por unha caixa de formigón de 7x3 metros, e o que se abre paso entre as torres residenciais situadas entre a Ponte da Tablada e o mar.
Relacionadas:
-
As obras para liberar o río dos Gafos empezarán este ano
Por Redacción |
-
Peche indefinido do paseo do Gafos en Campolongo por risco de derrubamento
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Vaipolorío pide voluntarios para limpar de árbores caídas o río Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello convocará un concurso internacional de ideas para "liberar" o tramo soterrado do río dos Gafos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Estudan a canle dos Gafos para deseñar xa propostas concretas para destapar o río
Por Redacción |
-
Primeiro paso para o proxecto de destapar o Gafos: encargado o estudo de viabilidade
Por Redacción |
-
Unha 'andaina' popular reivindica o destape do Gafos para "devolverlle a vida" ao río
Por Alejandro Espiño |
-
Compromiso en firme do Concello de Pontevedra para empezar a destapar o Gafos durante este mandato
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |