Remata no hospital por defender a súa noiva dun grupo de mozos que a estaban a insultar
Por Natalia Puga
A Policía Nacional detivo este luns a un pontevedrés de 22 anos por supostamente ter agredido hai dúas semanas un rapaz no casco histórico e telo enviado ao hospital con varias fracturas.
Segundo informou a Comisaría Provincial, a agresión que se lle atribúe produciuse sobre as 4.00 horas do 12 de agosto nas inmediacións da rúa Formigueira. Un grupo de individuos empezou a insultar unha rapaza, o seu noivo intentou axudala e foi golpeado de forma sorpresiva por un de mozos.
A consecuencia da agresión reiterada, sufriu lesións das que tivo que ser atendido no Hospital Miguel Domínguez. Fóronlle diagnosticadas varias fracturas.
O seu presunto agresor, veciño de Pontevedra con múltiples antecedentes policiais, foi arrestado sobre as 9.45 horas do luns por un delito de lesións. Por estes feitos instruíuse atestado policial que foi remitido ao Xulgado.