Marín habilitará un novo aparcadoiro disuasorio en Jaime Janer
Por Redacción
Os concelleiros marinenses Elisa Dopazo, Manuel Santos e Marián Sanmartín, acompañados polos técnicos municipais, visitaron as novas parcelas que se negociaron cos seus propietarios para crear nelas un novo aparcadoiro disuasorio.
Este novo espazo suma outras novas 50 prazas ás 600 existentes no concello de Marín.
Este novo aparcadoiro disuasorio está ubicado en Jaime Janer, 68, e ocupará dúas parcelas que ocupan un total de 1.000 metros cadrados.
A súa cesión por parte dos propietarios vén despois das negociacións iniciadas polo Goberno local, que segue a procurar novos espazos que adicar a esta finalidade, co obxectivo de poñer a disposición da veciñanza prazas nas que deixar o vehículo que estean cerca do centro urbano.