O PP pide maior presenza da Policía Local e Protección Civil nos centros escolares de Pontevedra
Por Redacción
A concelleira do Partido Popular Pepa Pardo rexistrou este martes un escrito no que solicita o "reforzo da presenza de Policía Local e Protección Civil nas entradas e saídas dos centros educativos da cidade", debido ao comezo do curso da Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato este mércores.
Con esta medida os populares buscan un "maior control por parte das forzas e corpos de seguridade do cumprimento das directrices sanitarias e, en definitiva, velar pola seguridade de todos".
"Nos preocupan los datos de contagios en la ciudad. Creemos que el inicio del curso escolar es un punto sensible y que debemos actuar", destacou Pardo.
O obxectivo principal, segundo o escrito de Pardo, "será velar polo cumprimento das normas derivadas da pandemia xerada pola covid-19". "Solicitamos que ambos os corpos velen pola seguridade de pequenos e familiares, evitando aglomeracións e dando as recomendacións oportunas".
Igualmente, o PP pediu ao Concello a desinfección das rúas de Pontevedra "o esforzo que se fai desde o Concello en materia de limpeza ten que ser constante".