Vilagarcía apraza o pleno á espera de coñecer os novos PCR
Por Redacción
A sesión plenaria prevista para este xoves e, consecuentemente, as comisións informativas previas (convocadas para este luns) se trasladan para a vindeira semana. Así o comunicou este luns o goberno local aos demais grupos da corporación.
A medida se xustifica pola "prudencia" á hora de reanudar a actividade presencial entretanto non se coñecen os resultados de todas probas practicadas estes días; igualmente, porque tamén é preciso que todos os concelleiros dos grupos da oposición pasen as probas serolóxicas.
Esta mañá se realizaron os PCRs que restaban aos traballadores que deran positivo nas serolóxicas; tamén, o segundo test ao alcalde. Se, como ocorreu cos PCRs feitos o venres -38 en total, sumando edís do goberno e traballadores municipais das oficinas-, os resultados tamén son todos negativos, a casa consistorial podería abrir as súas portas ao público de xeito inmediato.
Tendo en conta ese antecedente, hai un "certo optimismo" para que tamén os novos test descarten os contaxios, pero mentres non sexa así, e por prudencia, o concello limitará a atención ao público á vía telefónica ou telemática.
Relacionadas:
-
Vilagarcía recupera a atención ao público tras dar negativo todas as PCR
Por Redacción |
-
Sen positivos na primeira rolda de probas PCR ao goberno local e traballadores municipais de Vilagarcía
Por Redacción |
-
O alcalde de Vilagarcía volverá realizarse unha PCR para descartar un falso positivo por coronavirus
Por Redacción |
-
Pechan o Concello de Vilagarcía ata o luns ao detectar positivos entre o persoal nos test serolóxicos
Por Redacción |