Fouces critica que o PP pida "neste momento" unha subida salarial para os funcionarios
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O Goberno local de Pontevedra rexeitou coa maioría dos votos que suman os concelleiros do BNG e do Partido Socialista unha moción do PP que defendeu a concelleira Pepa Pardo que pedía elaborar e aprobar unha Relación de Postos de Traballo ( RPT) e cadro de persoal do Concello de Pontevedra "actualizada ás necesidades reais e consensuada e negociada previamente con todas as forzas sindicais".
A moción dos populares buscaba reverter a decisión do Concello de arquivar indefinidamente a RPT, que implica a ordenación do persoal "una decisión basada únicamente en motivos políticos", segundo o PP.
Pepa Pardo lembrou que a RPT do Concello de Pontevedra data do ano 1999 e durante este tempo o goberno do BNG acudiu a modificacións puntuais, "remendar es lo único que hacen", dixo a concelleira.
A edil popular criticou que tras anos de negociacións coas organizacións sindicais, "el BNG ha decidido rechazar una demanda lógica y que comparten la totalidad de las fuerzas sindicales" e cualificou como "indigno y vergonzoso" que xustifiquen esta decisión "en la incertidumbre económica y en la pandemia". "Dejen de imponer y pónganse a negociar", sentenciou Pepa Pardo.
Pola súa banda a concelleira de Persoal, Carme Fouces, reiterou que esta decisión de arquivar a RPT está baseada na aparición da Covid-19 que " obrigou a cambiar de súpeto a orde de prioridades e a reformular as axendas en todas partes".
Carmen Fouces advertiu aos populares que "si Feijóo lé esta moción os corre a gorrazos" xa que ao seu xuízo é "inoportuna" pola "incerteza" social, sanitaria e orzamentaria "e vostedes están a pedir unha subida salarial para os funcionarios e as funcionarias que como todo o mundo sabe neste momento é o prioritario".
Segundo a edil nacionalista meses atrás para os empregados públicos do Concello de Pontevedra "abriuse unha xanela de oportunidade que non se aproveitou no seu momento" pero "ese tren xa pasou" e agora "compréndese a súa frustración" pero "a situación mudou e neste momento non sería normal".
Diante desta situación, a concelleira trasladou que "ou máis sensato" é arquivar ou documento e, a partir de agora, traballarán tendo como base a RPT que hai, "facendo modificacións puntuais e dando cumprida conta dás sentenzas que temos pendentes de executar".