Sen positivos na primeira rolda de probas PCR ao goberno local e traballadores municipais de Vilagarcía
Por Redacción
As primeiras probas PCR ás que foron sometidos os concelleiros do goberno local de Vilagarcía de Arousa e unha vintena de traballadores municipais resultaron negativas.
Así o confirmou este domingo o goberno local. Tamén a do alcalde, Alberto Varela, aínda que por precaución continúa confinado á espera de realizar unha segunda proba que confirme definitivamente que non está contaxiado.
En total na primeira rolda de probas realizáronse 38 PCR.
Analizada a situación, o Concello de Vilagarcía renovará a actividade este luns 21 de setembro pero farao coas súas portas pechadas ao público, con atención telemática ou telefónica aos cidadáns mentres non se coñezan os resultados de todas as probas feitas nestes días e as que quedan por realizar a quen deron positivo nos test serolóxicos.
En canto á actividade política está previsto que este luns o goberno local decida, de acordo cos demais grupos da corporación, se se manteñen as comisións informativas e o pleno previstos para esta semana ou deciden aprazalos por precaución.
Relacionadas:
-
Vilagarcía recupera a atención ao público tras dar negativo todas as PCR
Por Redacción |
-
Vilagarcía apraza o pleno á espera de coñecer os novos PCR
Por Redacción |
-
O alcalde de Vilagarcía volverá realizarse unha PCR para descartar un falso positivo por coronavirus
Por Redacción |
-
Pechan o Concello de Vilagarcía ata o luns ao detectar positivos entre o persoal nos test serolóxicos
Por Redacción |