Os casos activos de COVID soben a 658 tras rexistrarse 26 novos positivos na área sanitaria
Por Diego Espiño
A cifra de afectados de COVID na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue subindo, pero a menor velocidade que o sábado.
Segundo o balance oficial feito público este domingo pola Consellería de Sanidade, a área pontevedresa rexistrou na última xornada 26 novos positivos, polos 51 que reportaba o día anterior.
Esta cifra de contaxios fai que os 'casos activos' dos que informa a Xunta ascendan ata os 658. Esta estatística sobe en 7 casos, xa que se produciron 19 altas epidemiolóxicas nas últimas horas.
O que non varía é a presión hospitalaria, con 24 persoas ingresadas na área sanitaria debida ao coronavirus. Deles 5 evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), mentres que 17 atópanse en planta no Hospital de Montecelo e 2 máis no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez.
Desde o inicio da pandemia superaron a COVID 1.160 pacientes da área sanitaria e rexistráronse 19 falecementos asociados ao virus. En canto á realización de probas PCR, nas últimas 24 horas realizáronse 582, que se engaden ás 35.765 xa efectuadas previamente.
A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, segundo a última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.350, o que supón 15 menos que o sábado. Deles 1.178 son da área da Coruña, 725 da de Lugo, 527 da de Ourense, 658 da de Pontevedra, 440 da área de Vigo, 637 da de Santiago, e 184 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 207 en unidades de hospitalización e 4.114 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.768 persoas curadas, rexistrándose 715 falecementos. As dúas últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron un home de 96 anos que faleceu no Hospital Lucus Augusti e unha muller de 85 anos que tamén faleceu no HULA. Ambos presentaban patoloxías previas.
Relacionadas:
-
Unha escalada que non cesa: medio centenar de novos positivos de COVID na área sanitaria e 737 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra rexistra 39 novos contaxios de COVID e sitúase como segunda área sanitaria galega con peores datos, con 702 casos activos
Por Diego Espiño |
-
A semana comeza con 28 novos positivos por COVID e 667 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Ata 16 centros educativos na área sanitaria rexistraron polo momento algún caso de COVID
Por Diego Espiño |
-
Sanidade inicia en Pontevedra o cribado preventivo con PCR a profesionais de restauración e hostalería
Por Redacción |
-
Outra xornada preocupante na área sanitaria, con 51 novos positivos de COVID e 651 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Os hospitalizados por COVID-19 na área sanitaria ascenden a 22, cinco deles na UCI
Por Alejandro Espiño |
-
Falece un home de 56 anos por Covid en Pontevedra e continúa a escalada de casos: 585 activos na área sanitaria
Por Redacción |