O Concello de Marín realiza seguimento a 29 casos de violencia machista no municipio
Por Redacción
As instalacións da Finca de Briz acolleron este venres unha nova reunión da Mesa de Traballo Contra Violencia de Xénero de Marín.
No encontro, ao que asistiron entre outros a concelleira de Igualdade, Marian Sanmartín, representantes do CIM e de servizos sociais, analizáronse os datos que manexa actualmente o municipio.
Neses datos destaca a cifra de 29 casos de violencia de xénero en seguimento, que se concentran sobre todo nun rango de idade de 30 aos 45 anos.
Aínda que ningún destes casos está catalogado como de risco alto, si que hai tres considerados como de risco medio.
Trátase dunha estatística que "segue evidenciando esta lacra na nosa sociedade contra a que temos que seguir loitando, con medidas, recursos e concienciación cidadá", sinalou a edil.
Os asistentes destacaron o labor dos diferentes organismos durante a fase máis complicada da pandemia. De feito, o Punto de Intercambio Familiar seguiu funcionando durante todo o confinamento nos casos nos que se demandou o servizo, atendendo na actualidade a 9 núcleos familiares.
Na Mesa fíxose balance tamén doutros programas, como o Axente Titor, ou a iniciativa de bonos sociais de emerxencia para as mulleres vítimas de violencia machista que se repartiron en colaboración coas Ong da vila.
Relacionadas:
-
Lectura, películas e exposicións axudarán a traballar co alumnado de Marín contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
Un 'Lazo Violeta' colectivo para a loita contra a violencia machista durante a pandemia
Por Redacción |
-
A caravana morada escenifica en Caldas o rexeitamento comunitario á violencia machista
Por Redacción |
-
O Concello de Marín aumentará o importe das axudas ás oenegués do municipio
Por Redacción |
-
As chamadas ao teléfono 016 para vítimas de violencia machista duplicáronse durante o confinamento
Por Redacción |
-
'Mulleres en Acción. Violencia Zero' regresa en Marín cun berro contra a violencia machista
Por Redacción |
-
Marín promove unha axuda específica para paliar os efectos da crise nas vítimas de violencia de xénero
Por Redacción |