Sanxenxo gastou preto dun millón de euros nas praias durante a tempada alta
Por Oskar Viéitez
O concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Sanxenxo, Juan Deza, compareceu este venres en rolda de prensa para facer balance da xestión das praias durante a tempada alta nas que se gastaron 964.018 euros.
Durante a tempada alta contratáronse 139 persoas para coidar dos seus areais e "as praias foron un exemplo de seguridade", resaltou o concelleiro.
O edil popular ha destacado que o persoal de seguridade e limpeza "é o gasto máis importante que temos no Concello", este ano 2020 a cantidade ascende a 506.647 euros.
Sanxenxo conta con 79 socorristas, dos que 18 son xefes de posto (cun soldo de 1.541 euros ao mes) e 61 socorristas (1.300 euros ao mes). Este ano incorporouse a figura dos informadores contratando a un total de 35 (1.242 euros mensuais). Ademais houbo 25 persoas destinadas á limpeza das praias con contratos de media xornada (730 euros ao mes).
O concelleiro de Medio Ambiente presumiu do material de seguridade co que están equipados os módulos nas praias que inclúe 17 desfibriladores, 14 equipos de osíxeno, 34 ambu-tensiómetros, material sanitario ordinario e outro específico Covid, 2 embarcacións con desfibriladores, 4 drons, 48 emisoras e 38 megáfonos. O investimento neste apartado foi de 128.924 euros neste ano.
A todas estas cantidades hai que sumar o equipamento das praias que foron 328.447 euros. Xa só na posta a punto o concello gastouse 48.600 euros, pero ademais está o balizamento (64.432 euros), a adquisición de 3 novos módulos (54.151 euros), a construción doutras 2 torres de vixilancia (14.402 euros), a instalación de 35 carteis con información sobre a covid (12.000 euros), a limpeza e desinfección de aseos seis veces ao día (70.545 euros), a instalación de 540 metros de pasarenas (12.024 euros) e as obras de mellora dalgúns accesos (59.701 euros).
"A Natureza foi moi xenerosa con Sanxenxo" celebrou Juan Deza ao referirse aos 22 quilómetros de costa que ten este municipio bañado pola ría de Pontevedra que atesouran 17 bandeiras azuis "estamos a chegar ao Top" xa que "somos o concello de Europa con máis bandeiras azuis", ademais conta con 12 praias co distintivo " Q" de Calidade turística e con 6 carreiros azuis que suman 25 quilómetros.
Ademais teñen a bandeira da ADEAC os dous portos deportivos, o Real Club Náutico Sanxenxo, A Telleira e ten un recoñecemento para Salvamento e Socorrismo.
PRÓXIMOS ANOS
O Goberno local do alcalde Telmo Martín propúxose para os próximos anos "manter o conseguido e seguir mellorando os servizos", avanzou Juan Deza.
No "punto de mira" atópase a praia de Nanín cuxas augas "xa levan dous anos con bos resultados nas analíticas" polo que esperan que no ano 2022 póidase presentar a súa candidatura deste areal para optar a unha bandeira azul.
Relacionadas:
-
Oitenta persoas integrarán este verán o servizo de salvamento de Sanxenxo
Por Redacción |
-
ADEAC escolle Sanxenxo como exemplo en medidas anticovid para as praias
Por Redacción |
-
Sanxenxo inviste cada ano 1,7 millóns de euros en reforzar os servizos da tempada alta
Por Redacción |
-
A xestión do salvamento e socorrismo das praias de Sanxenxo irá a concurso público
Por Redacción |
-
Os datos turísticos do verán sitúan a Sanxenxo como "líder en Galicia e o norte de España"
Por Oskar Viéitez |