O alcalde de Vilagarcía volverá realizarse unha PCR para descartar un falso positivo por coronavirus
Por Redacción
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, repetirá o test PCR para descartar que os resultados obtidos nas probas serolóxicas realizada hai uns días se traten dun falso positivo. Aínda así, o rexedor permanecerá confinado e sen axenda durante as próximas 48 horas ata a realización dun novo test que confirme definitivamente que non padece a Covid-19.
Varela, que se atopa en perfecto estado de saúde e sen síntomas, foi un dos traballadores do Concello que deu positivo nas probas serológicas que comezaron a realizar esta semana os traballadores municipais. Seguindo o protocolo que marca Sanidade, todos os traballadores que deron positivo así como aqueles que estiveron en contacto con eles están a realizar test PCR para contrastar o seu estado.
Mentres tanto e por prudencia, os servizos municipais estarán pechados ao público, aínda que a atención seguirá prestándose a través da sede electrónica. En principio, o peche manterase ata o luns 21 pero en función dos resultados das probas o regreso da actividade presencial podería variar.
Desde o Concello aseguran que todos os grupos da oposición están informados desde o primeiro momento da situación e todos os membros da corporación realizarán as probas de control.
Relacionadas:
-
Vilagarcía recupera a atención ao público tras dar negativo todas as PCR
Por Redacción |
-
Vilagarcía apraza o pleno á espera de coñecer os novos PCR
Por Redacción |
-
Sen positivos na primeira rolda de probas PCR ao goberno local e traballadores municipais de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Pechan o Concello de Vilagarcía ata o luns ao detectar positivos entre o persoal nos test serolóxicos
Por Redacción |